Sen categorizar

Fin do prazo para solicitar experiencias

O día 31 de marzo rematou o prazo para a solicitude de experiencias motivadoras nos centros públicos e concertados de Galicia. Nesta primeira convocatoria recibíronse máis de 900 solicitudes para desenvolver as diferentes accións ofertadas polos 16 persoeiros participantes. Case 300 centros educativos galegos decidiron participar nesta primeira edición deste novedoso programa educativo.

Xa foron enviadas todas as solicitudes aos 16 persoeiros, que estudiarán as propostas e comunicarán nos próximos días os centros seleccionados. Estas actividades desenvolveranse desde o 18 de abril ata o 30 de xuño de 2017.