ÁNGEL CARRACEDO

Científico

Licenciado e doutor en Medicina e catedrático de Medicina Legal pola Universidade de Santiago de Compostela, onde creou o grupo de investigación de Medicina Xenómica. Este equipo de traballo converteuse en líder mundial en xenética forense e constitúe unha referencia en xenómica comparada e de poboacións, polo que entidades de todo o mundo requiren a súa intervención para investigacións nos que sexan necesarias a identificación de vítimas.
Ademais de polo seu percorrido profesional e moitos e variados recoñecementos a nivel nacional e internacional, destaca pola súa visión humanizada da ciencia e o seu compromiso pola divulgación científica.

eduMOTIVAcon ÁNGEL CARRACEDO

CHARLAS

Ángel Carracedo ofrece aos centros educativos 11 charlas diferentes para alumnos de 4º da ESO a 2º de BAC:
  • A medicina xenómica e as súas aplicacións
  • CSI made in Galicia (xenética forense)
  • As causas do cancro
  • As enfermidades raras
  • A revolución xenómica
  • As razóns da diversidade
  • Xenes, língoas e historia
  • As causas do autismo
  • O diagnóstico xenético
  • A medicina personalizada
  • De Santa Comba a Upsala

 

OBRADOIROS

Ángel Carracedo ofrece aos centros educativos 2 obradoiros diferentes para alumnos de 3º a 6º de Primaria:
  • Que é o ADN?
  • Que é un investigador?

 

VISITA

Visita ao Centro de investigación de Medicina Xenómica en Santiago de Compostela para alumnos de Bacharelato
REALIZA A TÚA SOLICITUDE
Escribe en menos de 150 caracteres por que a experiencia solicitada é interesante para o voso centro educativo