CARLA REYES

Xornalista e presidenta de Executivas de Galicia

Xornalista de formación, leva máis de 25 anos no mundo do xornalismo, da comunicación, da produción audiovisual e últimamente do asesoramento en materia de comunicación para empresas e entidades. Outra parte importante da súa ocupación é a colaboración con diversos medios en programas de análise de actualidade, desde o político ao económico, pasando por temas sociais e internacionais. Foi responsable de elaboración e xestión de contidos tanto de informativos coma de produtos de entretemento para cine e televisión.

Outro dos seus intereses prioritarios é a igualdade de xénero. Dende hai case catro anos preside a Asociación de Executivas de Galicia, unha entidade que reúne a máis de 70 mulleres directivas, profesionais autónomas que queren contribuír a dar visibilidade e recoñecemento ao traballo das mulleres en todos os eidos da actividade económica, social e cultural. É unha persoa convencida da utilidade das redes sociais.

eduMOTIVAcon CARLA REYES

CHARLA

Integración nun país extranxeiro

A integración é indispensable pero eso non supón renunciar a nada, é unha forma de enriquecerse.

CHARLA

Adaptación profesional

A capacidade de reciclarse ou adaptar a carreira e os estudos ao mercado laboral.

CHARLA

Igualdade de xénero

En moitas ocasions as mulleres vémonos condicionadas polo noso sexo. Cómpre limitar ao máximo este condicionamento e ás veces confrontarse a él.

CHARLA

Necesidade de establecer redes para o desenvolvemento profesional
REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CHARLA: “Integración nun país extranxeiro”CHARLA: “Igualdade de xénero”CHARLA: “Adaptación profesional”CHARLA: “Necesidade de establecer redes para o desenvolvemento profesional”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: