CARMEN VIDAL

Médica e profesora asociada da USC

Está licenciada e doutorada en Medicina. Exerce como médica especialista en Alergoloxía. Comezou a traballar no Hospital de Santiago de Compostela en 1993, onde creou o que hoxe se coñece como Servizo de Alergoloxía, do que hoxe é xefa de servizo. Os profesionais do seu Servizo atenden os pacientes afectados polos distintos tipos de alerxias, realizan tarefas docentes co alumnado da Facultade e cos residentes da especialidade e desenvolven liñas de investigación neste campo da Medicina.
A súa actividade investigadora céntrase na influencia de distintos factores na sensibilización alérxica e a resposta á inmunoterapia específica.
Desde 2016 é vicepresidenta da Sociedad Española de Alergología e Inmunología Clínica. Ademais encárgase da especialidade en todas as súas facetas.

eduMOTIVAcon CARMEN VIDAL

CHARLA

Quero ser médico. Que debo saber?

Charlas no centro educativo que o solicite, de unha ou dúas horas de duración sobre o que implica ser médico, a dedicación, o estudo, os temores, as inseguridades e as satisfaccións que reporta.
Dirixida a alumnado de secundaria que teñan interese na profesión.

OBRADOIRO

Como se deseña unha investigación en Medicina

Obradoiro de 2 horas de duración para explicar as partes do método científico: a importancia de que se quere contestar, a hipótese de traballo e como desenvolver a metodoloxía. Se lles ensinaría a importancia da honestidade na investigación e o xeito de comunicar os resultados.
Desenvolverase no centro docente solicitante y poderíase amosar algún exemplo práctico.

VISITA

Quero ser médico e quero velo en acción

Visita ao hospital en grupos de non máis de 5 alumnos/as de Bacharelato, alumnado que xa se decantaran por esta carreira e que queira vivir un día de experiencia atendendo a pacientes. Terían que vir ao hospital de Conxo, en Santiago de Compostela, e poderían estar con Carmen durante  3 a 4 horas dunha mañá. Verían como se fan as preguntas aos pacientes e incluso cómo se lles fan probas diagnósticas. Poderán aprender a importancia dunha boa información ao paciente para que tomen decisións sobre a súa saúde.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CHARLA: “Quero ser médico. Que debo saber?”VISITA: “Quero ser médico e quero velo en acción”OBRADOIRO: “Como se deseña unha investigación en Medicina”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: