JORGE MIRA

Físico. Catedrático de Electromagnetismo da USC

Ten máis dun cento de publicacións en física de materiais, nanotecnoloxía, imaxe médica e modelización matemática de sistemas sociais. A súa nómina de premios é interminable: foi finalista do Premio “Investigador Novel” da Real Sociedad Española de Física; recibiu o Premio bianual do Colegio Oficial de Físicos de España, o Premio da Real Academia Galega de Ciencias e o Premio da Crítica Galicia na modalidade de investigación, Premio “Física en Acción”, Medalla de Honor “Ciencia en Acción”, Premio “José María Savirón” e PRemio da Real Sociedad Española de Física – modalidade de ensino e divulgación da física.
Foi director do Departamento de Física Aplicada da USC (2006-2014), colaborador da Secretaría General de Política Científica y Tecnológica – MEC (2006-2007). Na actualidade é director do Programa ConCiencia (visitas de Premios Nobel a Galicia), director da colección de divulgación científica da editorial da USC e responsable do nodo de Santiago da rede Nerd Nite. Po último, é membro do Consello da Cultura Galega e académico correspondente da Real Academia Galega.
É coñecido para o gran público polo seu labor como divulgador científico na TVG, en TVE-Galicia, na Radio Galega, en Onda Regional Murcia, en RNE-Radio Clásica e no diario “La Voz de Galicia”.

MÁIS INFORMACIÓN

eduMOTIVAcon JORGE MIRA

EXPERIENCIA/OBRADOIRO

A que altura está o ceo?

Organizaranse as seguintes experiencias:

  • Medida do tamaño da Terra tal e como fixeron os gregos no século III a.C., nomeadamente, valorar como cambiaría a sombra dunha columna vertical en función da latitude.
  • Medida do tamaño da Lúa, en función do da Terra. Para isto haberá que medir como é a sombra que forma a Terra sobre a Lúa nunha eclipse de Lúa (buscando en internet fotos de eclipses de Lúa nas fases de ocultación).
  • Medida da altura á que está a Lúa, usando unha moeda de 1 céntimo.
  • Conciencia das distancias que separan aos obxectos do sitema solar: cálculo das distancias que habería se se reducise a escala 10 000 millóns de veces.

Son Experiencias baseadas no libro “¿A que altura está o ceo?”, que describe o seu desenvolvemento:
O alumnado deberá obter, con carácter previo á visita, o tamaño relativo da Lúa fronte á sombra da Terra sobre a Lúa, e a distancia á que debe poñer a moeda de 1 cm para tapar a Lúa.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

EXPERIENCIA-OBRADOIRO: “A que altura está o ceo?”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: