JOSEFINA FERNÁNDEZ

Conselleira delegada Geriatros

É conselleira delegada do grupo formado por Geriatros e SARquavitae, compañía líder do sector sociosanitario español. Xestiona 153 centros que ofrecen 21.600 prazas residenciais e de centro de día. A súa actividade principal é a atención integral ás persoas maiores, tanto nas residencias como nos seus fogares, pero tamén ofrece servizos no campo da saúde mental. A plantilla de profesionais supera os 15.700.

Con Josefina á fronte desde o ano 2000, a empresa pasou de xestionar unha única residencia en Galicia a contar cunha rede extendida por toda España. Segundo afirma a directiva, os segredos do éxito son a implicación e a profesionalidade coas que realizan a súa labor os traballadores e as traballadoras de cada centro e un modelo de atención propio e personalizado, onde a persoa maior ocupa sempre o centro de todo.

eduMOTIVAcon JOSEFINA FERNÁNDEZ

VISITA

Residencia Geriatros

Estas visitas serán a xeriátricos da área de Vigo (Barreiro, Membibre, Vigo ou Cangas).
O alumnado poderá coñecer os servizos que se ofrecen nestes centros e o modelo de atención que caracteriza a empresa (terapias, protocolos, actividades, etc.).
Trala visita Josefina Fernández explicará en que consiste o seu traballo á fronte da compañía líder de España en servizos sociosanitarios e orientacións da súa experiencia profesional.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

VISITA: “Residencia Geriatros”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: