KIKO NOVOA

Xornalista da Radio Galega

É xornalista de formación, pero tamén posúe experiencia noutras áreas: licenciado en Humanidades, graduado en Xeografía e Historia, diplomado en Turismo, máster en Filosofía Teórica e Práctica, titulado superior en idioma sueco… Na actualidade -e dende 2009- dirixe e presenta a diario o programa Galicia por Diante, de seis horas de duración, nas mañás da Radio Galega, e de cando en vez tamén conduce algúns espazos na TVG. O seu labor profesional está na actualidade ligado aos medios públicos galegos, aínda que tamén traballou para Radio Culleredo, Deporte Campeón, Radio Voz, La Voz de Galicia e RNE.

Viviu varios anos en Suecia como correspondente de medios de comunicación e profesor nas universidades de Gävle e Uppsala, e non oculta a súa admiración polos pobos nórdicos cos que, dun xeito ou outro, aínda mantén unha estreita relación.

eduMOTIVAcon KIKO NOVOA

CHARLA

Debería dedicarme ao xornalismo?

Charla-coloquio de hora e media ou dúas horas de duración para explicar que hai que facer para ser xornalista, que cualidades debe ter un bo xornalista, que responsabilidade ten un xornalista coa sociedade, a fronteira entre a opinión e a información…

Esta actividade ofrécese para centros docentes da cidade de A Coruña e comarca.

CHARLA

Correspondente e día a día nun país descoñecido

Charla-coloquio de hora e media ou dúas horas de duración onde falaremos da vida no estranxeiro, dos prinicipais medos, das grandes experiencias, das anécdotas e dos mitos sobre a vida no exterior… e dos beneficios de saber cantos máis idiomas, mellor.

Esta actividade ofrécese para centros docentes da cidade de A Coruña e comarca.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE
Escribe en menos de 150 caracteres por que a experiencia solicitada é interesante para o voso centro educativo