LUIS FRAGA

Xornalista TVG

É un xornalista especializado en medios audiovisuais e comunicación empresarial. Licenciouse en Xeografía e Historia pola UNED e obtivo o Máster de Investigación aplicada á Comunicación pola Universidade Rey Juan Carlos. Traballou durante dezaoito anos en Antena 3 Televisión, onde foi editor e presentador dos seus espazos informativos, e dúas  tempadas máis na Televisión de Galicia. O seu labor na radio estivo ligado a Antena 3 Radio, cadea SER e Radio Voz.

Na actualidade, centra a súa actividade na consultoría e estratexia de comunicación –para todo tipo de entidades e organización-; na docencia, coa impartición de clases en universidades e escolas de negocios, e en colaboracións en distintos medios de comunicación.
Twitter: @LuisFragaTV
Blog: el blog de Luis Fraga

eduMOTIVAcon LUIS FRAGA

OBRADOIRO

Quero ser xornalista, que podo ir facendo?

Obradoiro de dúas ou tres horas de duración –según a disponibilidade do centro–, pensado só para os alumnos de Secundaria que xa intúen a súa vocación xornalística, ou que cando menos teñen curiosidade por esta profesión.
Veremos qué tipo de coñecementos e habilidades poden ir adquirindo para preparar o seu acceso a estudos universitarios de xornalismo. Simulación das condicións de traballo nun xornal, nunha emisora de radio e nunha cadea de televisión.

OBRADOIRO

A comunicación das empresas

Obradoiro de dúas ou tres horas de duración –según a disponibilidade do centro-, pensado só para os alumnos de Secundaria que estén interesados na comunicación corporativa. Que é un dircom? Como se comunican as empresas cos seus públicos? Como se soluciona unha crise de comunicación? Por qué é tan importante a reputación?

OBRADOIRO

Cómo falar en público?

Obradoiro de dúas ou tres horas de duración –según a disponibilidade do centro-, pensado só para os alumnos de Secundaria que teñan interés en perder o medo escénico e recibir nocións básicas de oratoria. Practicaremos a escritura, o xeito de argumentar un discurso e ferramentas para fomentar a dicción correcta e a expresividade axeitadas.

OBRADOIRO

A actitude crítica ante os medios

Obradoiro de dúas horas de duración pensado só para os alumnos de Secundaria que estén interesados nos medios de comunicación. O alumnado aprende a ler un xornal ou ver un informativo de televisión con actitude crítica. Por que unha mesma nova semella ser diferente segundo o xornal que a trate? Por que a publicidade dun xornal custa máis se vai nunha páxina impar? Como condiciona o accionariado dun medio o tipo de información que este ofrece?

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

OBRADOIRO: “Quero ser xornalista. Que podo ir facendo?”OBRADOIRO: “Como falar en público?”OBRADOIRO: “A comunicación das empresas”OBRADOIRO: “A actitude crítica ante os medios”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: