LUIS LLAMAS

Director refinería da Coruña

Licenciouse en Ciencias Químicas na USC. Conta cunha sólida formación que inclúe un Máster en Prevención de Riscos Laborais e un Plan de Desenvolvemento Directivo polo IESE.

A súa experiencia profesional está ligada á da Refinería coruñesa, onde iniciou a súa carreira en 1990 como técnico de procesos. En 1997 ocupou o posto de xefe de Coquización e posteriormente, a partir do 2001 desempeñou diferentes xefaturas: xefe de Procesos; Xefe de Conversión e Xefe de Refinería. En 2008 foi nomeado director de produción no Complexo Industrial de Tarragona.
Desde 2011 ocupa o posto de director da Refinería de Repsol na Coruña.
Así mesmo é membro de distintos organismos e entidades: vicepresidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña; conselleiro da Autoridade Portuaria coruñesa, membro do Consello Social da Universidade da Coruña e do Comité estratéxico do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

eduMOTIVAcon LUIS LLAMAS

CHARLA-DIÁLOGO

O meu futuro profesional

Destinatarios: alumnado de 3º e 4º de ESO por ser a etapa na que se toman decisións para estudos posteriores e por tanto para o seu futuro profesional.

Obxectivos:

  • Transmitir valores asociados á experiencia para que o alumnado poida valorar a cultura do esforzo xunto á experiencia persoal.
  • Escoitar e establecer un diálogo dos mozos e mozas sobre as súas inquietudes en canto aos estudos, a sociedade ou a actualidade.

Descrición:

Está dividida en distintas partes. Unha primeira de presentación da persoa mentora e posteriormente a presentación dos alumnos e alumnas, unha charla da experiencia vital e finalmente quenda de preguntas e diálogo sobre as experiencias e inquietudes do alumnado.

PROXECTO COMPARTIDO MENTORIZADO

Enerxía con conciencia

Obxectivos:

  • Levar a cabo un proxecto conxunto entre todos os alumnos coa aprendizaxe que leva a posta en común e a procura de solucións.
  • A súa realización axudará aos alumnos para desenvolver habilidades de investigación e de comunicación, achegándolles o mundo da ciencia.

Descrición :

É un programa educativo que achega aos alumnos de 3º e 4º de ESO o mundo da eficiencia enerxética, mediante a realización dunha auditoría enerxética do seu centro educativo.

Mediante distintas etapas levarán a cabo o proxecto:
(I) Preparación co docente. Ambos terán documentación previa. (II) Explicación dos principais aspectos da enerxía e da auditoría. (III) Divididos en 3 grupos segundo o sistema analizado (hídrico, térmico e eléctrico) realízanse as auditorías. (IV) Póñense en común os resultados e propóñense melloras)

AMPLIAR INFORMACIÓN

OBRADOIRO

Roles na sociedade. Xogo do Mix enerxético

Obxectivo:

  • Adquisición por parte dO alumnado da aprendizaxe de solución de problemas, toma de decisións, pensamento crítico e asunción de roles.

Descrición :

A través dun xogo de roles, o alumnado coñecerán por equipos, as diferentes fontes de enerxía primaria, e terán que dialogar e chegar a acordos para conseguir unha cidade sustentable.
Terán que ter en conta o impacto ambiental, o CO2 emitido e o custo económico da subministración necesaria para satisfacer o consumo da cidade.

AMPLIAR INFORMACIÓN

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CHARLA-DIÁLOGO: “O meu futuro profesional”OBRADOIRO: “Roles na sociedade. Xogo do Mix enerxético”PROXECTO COMPARTIDO MENTORIZADO: “Enerxía con conciencia”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: