MANOLO PAZ

Escultor

Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e traballou com profesor na Escola de Canteiros de Poio.
A súa participación nas exposicións Encontros no Espazo e Imaxes dos Oitenta chamou a atención do galerista Fernando Vijande, e a partir de aquí comezou a expoñer nas súas galerías e a formar parte dos circuítos nacionais de arte e mais a participar en feiras e exposicións no estranxeiro.
En 1994 realiza unha das súas obras máis representativas Familia de Menhires, conxunto escultórico ben recoñecible no parque escultórico da Torre de Hércules na Coruña.
No 2011 entra a formar parte da Real Academia Galega de Belas Artes e recibe o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas.
A súa obra forma parte de importantes museos e coleccións privadas e institucionais como a Fundación ICO, o museo Duisburg de Alemaña, o Parque escultórico Numakunay no Xapón , a Fundación Oriente de Lisboa, Afundación ou o Museo Arte Contemporáneo da Coruña.

eduMOTIVAcon MANOLO PAZ

CHARLA

CHARLA
A miña experinecia como escultor

O escultor achegará ao alumnado de primaria ou secundaria a súa propia visión e experiencia como escultor.

VISITA

Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea

O escultor ofrece coñecer o seu lugar de traballo e facer unha visita guiada pola Fundación Manolo Paz.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CHARLA: “A miña experinecia como escultor”VISITA: “Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: