MIGUEL CONDE

Consultor estratéxico e publicista

Consultor estratéxico de comunicación e creativo publicitario. Creador, entre outras, da campaña máis descargada e vista en Youtube da historia da publicidade española respecto ao target de planificación “Vivamos como Galegos!” para Supermercados Gadis (fonte: Premios Eficacia á Comunicación Comercial).
Ademais traballou para marcas de importancia internacional e nacional como Amstel (Grupo Heineken), Viveseoy (Grupo Leite Pascual), Coca-Cola, Larsa, Legumes Luengo, R, Telecable, Banco Pastor, Inveravante, Isidro do Cal, Torre de Núñez, Abanca, Grupo Vocento, EVO, Ybarra, Hoteis Attica 21, Oquendo, Renault, Reganosa, Grupo Amicalia (Restaurante Alborada, Alabaster, Arallo Taberna e restaurante Ánima), Emalcsa, Grupo Vocento, Marineda City, Frinsa, San Luís, Activa Electrodomésticos, Rodman, , Edelvives, Saproga, Correos, Feiraco, Torres&Saez, Triumph, Conservas Gutarra ou Casinos Comar.
Así mesmo, tamén desenvolveu campañas para organismos e institucións públicas como a Xunta de Galicia, Ministerio de Sanidade, Turismo de Canarias, Turismo da Coruña, Concello de Valladolid, Concello da Coruña, Concello de Lalín, Galicia Calidade ou Deputación da Coruña, entre outros.

eduMOTIVAcon MIGUEL CONDE

CHARLA

Como construír unha marca

Que é o que converte a unha marca nunha GRAN MARCA? Que teñen en común Apple, Google, Coca-Cola ou Nike, que lles converte en referentes únicos para millóns de persoas ao redor do mundo? Tras moitos anos analizando a marcas líderes no sector, identificamos os parámetros que explican a súa capacidade de liderado e resistencia fronte á competencia.

CHARLA

Cada compra é un voto. O know cost fronte ao low cost

KNOWCOST é unha filosofía de consumo que propón “consumir como pensas” coñecendo non só os custos visibles do produto (o prezo venda ao público) senón tamén os custos indirectos, que non ven e que, á vez, pagamos todos: custo estado de benestar e custo planeta.
Cando os consumidores optamos por un produto, estamos a mostrarlle o noso apoio e por tanto, tamén estamos a apoiar á fábrica ou empresa que o produce e á contorna económica e social en que é producido, configurando de forma directa o mundo no que vivimos. Co noso consumo apoiamos a sociedade á que aspiramos.

CHARLA

Como triunfar coa túa marca na contorna dixital

O mundo é unha dinámica en constante evolución e para evitar o fracaso, evitar desaparecer, é necesario adaptarse ao medio Como sobrevivir a esta novo paradigma que é Internet?  Actualmente todos somos produtos, todos somos marcas e se queremos sobrevivir, evitar a desaparición, debemos crear as ferramentas necesarias para adaptarnos a esta nova forma de comunicarnos que supuxo a revolución dixital.

CHARLA

Facemos unha campaña? Como facer unha campaña de éxito

Deseñar unha campaña de publicidade non é o reto, o reto é deseñar unha campaña que teña éxito. Que factores determinan o seu éxito? Que fai memorable unha campaña? Nesta charla analizaremos os parámetros que necesariamente se deben ter en conta á hora de crear grandes campañas que consigan que as marcas se convirtan nas favoritas dos consumidores, non só polos seus produtos ou servizos, senón tamén polo vínculo emocional que crean co cliente.

SOLICITA UNHA EXPERIENCIA

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CHARLA: “Como construir unha marca”CHARLA: “Como triunfar coa túa marca na contorna dixital”CHARLA: “Cada compra é un voto. O know cost fronte ao low cost”CHARLA: “Facemos unha campaña? Como facer unha campaña de éxito”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: