MONCHO FERNÁNDEZ

Adestrador deportivo: baloncesto

Exerce como adestrador do equipo de baloncesto Río Natura Monbús Obradoiro.
Comezou no mundo do baloncesto con 17 anos adestrando no seu barrio. Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago, cidade onde traballou e adestrou ata os 30 anos. Chegou á liga ACB traballando, primeiro como adestrador axudante e logo como adestrador xefe no Gijón Baloncesto. En 2004 colleu o Leche Río Breogán como adestrador axudante durante dúas tempadas.
Entre 2006 e 2009 dirixiu o Villa de los Barrios (Cádiz) na Liga LEB ata que, no 2009, conseguiu dar o salto á ACB como adestrador do Club Baloncesto Murcia.
No 2010 foi elixido para liderar o proxecto do C. B. Obradoiro (hoxe Río Natura Monbús Obradoiro), o equipo de baloncesto de Santiago, no que segue a traballar desde entón.

eduMOTIVAcon MONCHO FERNÁNDEZ

CHARLA-OBRADOIRO

Compatibilizar a formación académica e o deporte de elite

É importante demostrar que é difícil, pero non imposible, compatibilizar a formación académica e o deporte de elite. Para iso, é necesario facer entender que non é doado senón que require esforzo, disciplina, constancia e capacidade de organización. Xa son diferentes estudios os que demostran que a actividade física mellora o funcionamento cognitivo.

CHARLA-OBRADOIRO

Metodoloxía e filosofía de traballo dun club de elite: Obradoiro CAB

As entidades deportivas de elite deben contar cunha organización e filosofía de traballo ben definidas para que todo funcione da maneira correcta. Temas importantes son a filosofía xeral do club, a interacción dos departamentos así como desgranar as función do corpo técnico. Pasar dun plantexamento global a un traballo detallado no día a día e ter claro quenes somos, que nos fai diferentes e cales son os nosos valores.

CHARLA-OBRADOIRO

Os deportes de equipo

Os deportes de equipo permiten aprender e reflexionar acerca de diferentes temáticas moi importantes, entre as que destacan: a importancia dos valores que inculcan os deportes de equipo, como crear un equipo de éxito, a importancia do traballo en equipo e a búsqueda de solucións aos problemas de equipo que surxan.

CHARLA-OBRADOIRO

Aprender a comunicar, clave no desenrolo persoal e profesional

Comunicar resulta imprescindible para crear, liderar e motivar a un equipo de alto rendemento. Un equipo diferenciarase doutro en que a confianza entre os membros é absoluta, falles ou acertes. E para conseguir esa confianza é fundamental a comunicación.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CHARLA-OBRADOIRO: “Compatibilizar a formación académica e o deporte de elite”CHARLA-OBRADOIRO: “Os deportes de equipo”CHARLA-OBRADOIRO: “Metodoloxía e filosofía de traballo dun club de elite: Obradoiro CAB”CHARLA-OBRADOIRO: “Aprender a comunicar, clave no desenrolo persoal e profesional”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: