PEPE SOLLA

Cociñeiro e catador vitivinícola

Estudou Ciencias Empresariais como estudos regrados e Cociña como estudos non regrados. Ampliou a súa formación con cursos monográficos, entre eles os realizados con Ferrán Adriá. Exerce como xefe de cociña do seu restaurante, “Casa Solla”, de tradición familiar. Iniciou a súa traxectoria profesional no ámbito da restauración traballando nel. A carón desta empresa que lidera na súa vila natal en Poio, comparte proxectos empresariais máis alá da nosa comunidade, no ano 2015 crea e abre o primeiro concepto parello a “Casa Solla”, “Atlántico” na madrileña rúa de Velázquez, que amplía despois cun segundo local en Menéndez Pelayo e o recentemente inaugurado en Valencia “Porta de la Mar”.
Impartiu cursos e obradoiros de cociña, participou activamente en distintos certames gastronómicos de ámbito nacional e internacional e presenta en Canal Cocina o espazo “Pescados y Mariscos”.
É membro fundador do grupo NOVE (cociña galega de vangarda) e da Asociación Gallega de Sumilleres. A súa traxectoria profesional foi recoñecida entre outros galardóns con 1 estrela Michelín (desde 1980) e con 3 Soles Repsol para “Casa Solla”.

 

eduMOTIVAcon PEPE SOLLA

OBRADOIRO

Cociña e Ciencia

Como pode axudarnos a ciencia a mellorar o noso oficio?
Debemos excutar as receitas ou entendelas?
Pódeme axudar a ciencia a ser millor cociñeiro?
Os segredos do ovo…, a esencia da cociña.

VISITA

Restaurante Pepe Solla

A visita ofrécese para un máximo de 15 persoas e xirará en torno como é a “Casa Solla”, o seu funcionamento e a empresa.

CHARLA

Papa, quero ser cociñeiro!

Que significa ser cociñeiro?
Onde debo formarme?
Como debo formarme?
Que pautas debo seguir?

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CHARLA: “Cociña e ciencia”VISITA: “Restaurante Pepe Solla”OBRADOIRO: “Papá, quero ser cociñeiro!”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: