VISIÓN COMPARTIDA PARA PROMOVER A MELLORA

Os sistemas educativos precisan hoxe en día garantir que o alumnado adquira non só coñecementos curriculares senón, tamén, por unha banda, as competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e social (competencia para aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, matemática/científica/tecnolóxica, dixital, e comunicación lingüística…) e, por outra, a educación en valores que enmarque o seu proxecto vital.

Neste sentido, é preciso que se lle facilite ao alumnado a adquisición das destrezas vinculadas a xeitos de pensamento (creatividade, pensamento crítico, solución de problemas, toma de decisións e aprendizaxe), ou de traballo (comunicación e colaboración). Estas destrezas, en xeral, están fortemente vinculadas ao crecemento persoal e ao exercicio da cidadanía e da carreira profesional.

arrow-right-circle

Consulta a nosa axenda de eventos e solicita unha experiencia motivadora para o teu centro

MOBILIZAR O TALENTO E O COÑECEMENTO
Mediante a implicación de persoeiros relevantes da sociedade galega na educación
  • Para o sistema educativo galego, é importante a achega que persoeiros relevantes, nos distintos campos do coñecemento e do desenvolvemento profesional e con amplo recoñecemento no ámbito social, poidan facer para favorecer a motivación de todos os membros das comunidades educativas.
  • Neste sentido, estimular a curiosidade e a creatividade mediante o achegamento destes persoeiros aos centros de ensino en formatos de comunicación directa, como charlas-coloquio, acompañadas, no seu caso, de traballos por proxectos, pode ser un medio efectivo de apoio a ese fin.
  • Moitas persoas relevantes xa están a compartir o seu coñecemento e talento coas comunidades educativas sendo elementos conectores e motivadores. O proxecto ofrece unha plataforma que da visibilidade a estes esforzos e está aliñeado co sistema educativo dun modo coherente.

REDE DE PERSOEIROS

MOTIVAR A CURIOSIDADE E A CREATIVIDADE

PLATAFORMA ACCESIBLE

EXPERIENCIAS EN FORMATO CHARLA: 23
EXPERIENCIAS EN FORMATO OBRADOIRO: 13
EXPERIENCIAS EN FORMATO VISITA: 5
EXPERIENCIAS NOUTROS FORMATOS: 4
EXPERIENCIAS DISPOÑIBLES
15 persoeiros ofrecen experiencias educativas aos centros galegos de ensino non universitario.
Aportarán un valor engadido desde distintas ópticas e diferentes ámbitos ao proceso de ensino-aprendizaxe.