RAMÓN VILLARES

Historiador e presidente do Consello da Cultura Galega

Licenciouse en Filosofía e Letras e doctorouse en Xeografía e Historia. Especializouse en historia social agraria, historiografía e historia intelectual. Exerce como profesor catedrático de Historia Contemporánea na USC, da que foi decano (1986-1990) e reitor (1990-1994). Dirixiu tamén a Univ. Internac. Menéndez Pelayo en Galicia (1997-2006).
É autor dunha extensa produción ensaística e de numerosos artigos, relatorios e conferencias  en congrsos científicos relacionados coa historia de Galicia.
Entre as suas publicacións salienta o coñecido volume A Historia (1984), La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936 (1982), Figuras da nación (1997), El mundo contemporáneo (2001, en colaboración con Ángel Bahamonde), Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a aducación sentimental dun intelectual galeguista (2007) ou Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina (2011).
Conxuntamente con Josep Fontana, codirixe a obra en 12 volumes Historia de España, editada por Crítica (Barcelona) e Marcial Pons Historia (Madrid).
Tamén é autor dunha Historia de Galicia (2004), que foi traducido ao castelán e ao portugués.
Forma parte dun bo número de entidades e institucións relacionadas coa cultura. É membro da Real Academia Galega (desde 2003) e Presidente do Consello da Cultura Galega (desde 2006)

eduMOTIVAcon RAMÓN VILLARES

CHARLA

As migracións: un vello novo problema

Esta actividade proponse como complemento a unha previa intervención do profesorado co alumnado de bacharelato sobre este tema xeral, co obxectivo de analizar “pensando históricamente”, este problema que está na aexenda política actual.

OBRADOIRO

Emigración e o Exilio

Proponse a realización dun traballo de búsqueda de materiais (fotografías, cartas, publicacións, etx.) cun grupo de alumnado, sobre a “Emigración e o Exilio” que permita que conecten coa experinecia da súa contorna familiar ou comunitaria.
Este obradoiro comprendería, polo menos, dúas sesións: unha de presentación de obxectivos e métodos e outra de exposición de resultados.

SEMINARIO DE DEBATE

Galicia, un país de emigración

Trátase dunha actividade participativa para analizar causas, estereotipos, vantaxes e limitacións que tivo a emigración para o noso país.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CHARLA: “As migracións: un vello novo problema”SEMINARIO DE DEBATE: “Galicia, un país de emigración”OBRADOIRO: “Emigración e o Exilio”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: