ROI CASAL

Músico

É un músico, compositor e cantante de temperá dedicación. Logo de traballar con Milladoiro, arrancou a súa carreira en solitario coa publicación de “Lendas Douradas”, que foi o disco máis vendido en Galicia en 2008.
A este primeiro disco individual seguiulle “Maxicamente Vello”(2011), no que realiza unha interpretación da música galega desde unha visión contemporánea; e con este disco realizou máis de 50 concertos por todo o Estado español e recibiu numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco (2014).
En 2014 publica “Donos do noso destino”, co que emprende unha xira internacional por Suíza, Uruguai, Arxentina e Cuba. Neste mesmo ano recibe o Premio Bo e Xeneroso da Fundación Eduardo Pondal.
Ademias de pola súa traxectoria concertística, a súa obra é recoñecible na banda sonora de varias series galegas, como  “Caseiros” e “Pazos de Familia”.
O seu traballo con máis proxección é “Son Galego” (2016), un traballo realizado con Xosé Neira Vilas no que participan destacados artistas cubanos e galegos, como Pablo Milanés, Laritza Bacallao ou Nando Casal. A xira “Son galego, Son Cubano”, que arrancou no Gran Teatro da Habana en maio de 2016, continúa o seu percurso internacional.

eduMOTIVAcon ROI CASAL

CONCERTO

Concerto didáctico

Experiencia didáctica destinada a alumnado de entre 4 e 16 anos de idade, na que dun xeito participativo e entretido aprende diferentes aspectos relacioados cun músico profesional.

Esta actividade organízase en torno á experinecia do artista como músico profesional (gravacións, xiras), mostra en vivo de instrumentos musicais (arpa, zanfona e bouzouki), traballos con outros artistas (Neira Vilas e Pablo Milanés), cancións e letras (de composión propia ou de Rosalía de Castro, Manuel María, etc).

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

CONCERTO: “Concerto didáctico”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: