ALEXANDRA TOUZA

Empresaria

 

É unha apaixonada do emprendemento. Diplomouse en Turismo e especializouse en Turismo Responsable, Desenvolvemento e Cooperación. Traballa como xerente na consultoría “Ponle Cara al Turismo”, desde a cal procuran achegar os turistas nacionais e internacionais á poboación local para coñecer mellor o territorio e poñer en valor as súas ocupacións. A súa longa traxectoria no sector turístico levouna a concibir a necesidade de desenvolver os seus proxectos desde unha perspectiva integral. Nesta liña coordinou proxectos de turismo industrial como a Ruta conserveira, a ruta alimentaria de Santa Comba ou a ruta Vigo Pesqueiro, para promover a pesca extractiva para Fundamar e os armadores de Vigo.

eduMOTIVAcon ALEXANDRA TOUZA

OBRADOIRO

Como poñer en marcha a miña iniciativa emprendedora: da idea á acción!

Esta actividade ten como obxectivo desenvolver o espírito emprendedor do alumnado.

Trátase de que eles mesmos expoñan os seus propios proxectos, para axudalos a definir obxectivos, motivar a súa capacidade de xerar novas ideas, orientar a necesidade de traballar en equipo para acadar as metas, identificar habilidades e competencias que axuden a consecución de logros e descubrir xuntos a tarefa de emprender.

A través desta capacitación o alumnado pode desenvolver habilidades emprendedoras, como liderado, traballo en equipo e ferramentas para a creación dunha empresa.

Condicións da actividade:

  • Centros educativos de Vigo e a súa área metropolitana
  • Horario: de 11:30 a 13:00
  • Número máximo de alumnado: 25
  • Idades: de 18 a 25 anos
  • Outras especificacións: sería recomendable que cada participante leve rotuladores de colores
  • Utilizaranse ferramentas visuais que permitan entender en que consiste un modelo de negocio, como deseñalo e como son algúns dos negocios que actualmente teñen éxito.

CHARLA

Unha historia de valentía: as irmás Touza

Coñecerase a historia das irmás Touza, que rexentaban un quiosco en Ribadavia, converténdose en salvadoras de centos de xudeus perseguidos. Axudaron a escapar mais de medio millar de xudeus que partían dos Pireneos e terminaban ao outro lado do Miño, en Portugal.

Con esta historia a través dunha dinámica audiovisual, entenderase por que estas mulleres quixeron axudar a centos de persoas a escapar, e aprenderanse valores como o respecto, a tolerancia, o amor, a superación e a humildade das persoas.

Condicións da actividade:

  • Centros educativos de Vigo e a súa área metropolitana
  • Horario: de 11.30 a 13:00
  • Aforo máximo: 25
  • Idades: de 12 a 18 anos

 

 

REALIZA A TÚA SOLICITUDE
Escribe en menos de 150 caracteres por que a experiencia solicitada é interesante para o voso centro educativo