SENÉN BARRO

Físico. Catedrático da USC

É doutor en Física e Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde foi reitor entre 2002 e 2010 e onde desenvolve numerosos proxectos de investigación relacionados cos seus ámbitos de interese.

Ten numerosas publicacións relacionadas coa investigación no ámbito da computación e da tecnoloxía informática.

É membro da área de Ciencias Técnicas da Real Academia Galega de Ciencias desde 2015. Na actualidade é director xeral de RedEmprendia, unha rede con sede en Santiago de Compostela que agrupa 28 das mellores universidades de Iberoamérica e que está orientada á transferencia de I+D e ao emprendemento universitario.

eduMOTIVAcon SENÉN BARRO

VISITA

Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS)

O obxectivo e dar a coñecer a actividade de investigación e científica do centro e algúns dos seus espazos e recursos así como estimular entre os mozos e mozas novas vocacións, non só desde o interese polas novas tecnoloxías, senón tamén pola creatividade e o enxeño.
A visita será guiada e incluirá demostracións interactivas das liñas de investigación do CiTIUS, adaptadas á idade do alumnado. Os estudantes poderán coñecer as nosas instalacións e visitar os nosos laboratorios.
Durante esta visita poderán descubrir:

  • A Nao, o noso pequeno robot humanoide.
  • Como se orientan os robots para desprazarse.
  • Visualización de moléculas e órganos humanos en 3D co noso sistema de realidade virtual.
  • Como funciona o Kinect e para que o usamos en investigación.
  • Para que se empregan os chips de visión artificial.
  • Como é un Centro de Procesado de Datos (CPD) por dentro.

Esta visita inclúe demostracións interactivas das liñas de investigación do CiTIUS, adaptadas á idade dos visitantes. Os estudantes poderán coñecer as nosas instalacións e visitar os nosos laboratorios.

Público ao que vai destinado: todo tipo de público, idealmente a partir dos 12 anos de idade.
É importante que sexan grupos non moi numerosos -nunca máis de 20- e de certa homoxeneidade na idade.

CHARLA

Máquinas intelixentes

Esta actividade de entre unha hora e media e dúas horas de duración servirá para analizar algúns dos fitos máis destacados no mundo da computación, desde a orixe das computadoras á intelixencia artificial e así reflexionar sobre o mundo da computación ubicua no que vivimos e o impacto que teñen e terán os sistemas artificiais nas nosas vidas: saúde, traballo, ocio…
Esta charla terá un contido motivacional, para promover no alumnado o valor de poñer as ideas propias e alleas en acción. Como dicía Ramón y Cajal, as ideas non duran moito, así que temos que facer algo con elas.

Público ao que vai destinado: todo tipo de público, idealmente a partir de 14 anos de idade.
O centro deberá contar cun espazo onde impartir esta charla con apoio dun sistema de proxección a través dun ordenador.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE

EXPERIENCIA/S SOLICITADA/S:

VISITA: “Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS)”CHARLA: “Máquinas intelixentes”

CÓDIGO DE CENTRO:

PERSOA RESPONSABLE DO CENTRO (DIRECTOR/A):

EMAIL DE CONTACTO DO CENTRO:

TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO: