SUSANA SEIVANE

Gaiteira

Naceu en Barcelona, pero criouse en Galicia desde os nove anos. É a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andadura musical aos tres anos de idade.

Da man do seu pai, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó e outros, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. A súa forma de tocar sintetiza o estilo enxebre dos vellos gaiteiros con influencia doutras músicas.

 

eduMOTIVAcon SUSANA SEIVANE

CONCERTO

Concerto didáctico

 

Experiencia didáctica destinada a alumnado de entre 4 e 16 anos de idade, na que dun xeito participativo e entretido aprenden diferentes aspectos relacionados cun músico profesional.

REALIZA A TÚA SOLICITUDE
Escribe en menos de 150 caracteres por que a experiencia solicitada é interesante para o voso centro educativo